Friday 29 de March de 2024

Ángeles Vázquez destaca o Catálogo de árbores singulares para poñer en valor o patrimonio floral das camelias galegas


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou esta mañá nos actos de inauguración da XXIV edición das xornadas ao redor da camelia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou o papel do Catálogo galego de árbores singulares para poñer en valor e divulgar o patrimonio floral das camelias.

Recordou que hai máis dunha década que se creou este censo, co que se deu un paso importante na protección deste patrimonio natural e que na actualidade recolle un total de seis camelias de tres especies diferentes.

A modo de exemplo, destacou o exemplar protexido que se localiza no Concello de Vedra, situada no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla nun paseo con magnolios e camelias, e que ten unha altura de máis de nove metros e unha idade que supera os 200 anos.

Ángeles Vázquez tamén salientou o papel que a camelia xoga nun sector dinámico en Galicia, como é o turístico; pois se deseñaron varias rutas que xiran en torno a esta planta ornamental e que permite coñecer o patrimonio arquitectónico e vitivinícola.